As II Xornadas Muller e Saúde do Concello de Ribeira inclúen catro sesións divulgativas en outubro

24 Setembro 2024

Este martes 24 de setembro presentáronse as segundas Xornadas Muller e Saúde do Concello de Ribeira, convocadas pola Escola Galega de Saúde mediante o Centro de Información á Muller de Ribeira (CIM). Constan de catro sesións que se levarán a cabo durante o mes de outubro e que serán impartidas por especialistas en cada materia co obxectivo de ofertar formación e información de saúde con perspectiva de xénero; promocionar a saúde mental e emocional das mulleres e aumentar a súa calidade de vida; e facilitar ferramentas para que as mulleres sexan suxeitos activos respecto da súa propia saúde mental e emocional.

Tamén se busca aumentar os vínculos sociais das mulleres participantes, potenciando a súa autoestima e seguridade persoal; e contribuír ao coñecemento e aproveitamento dos activos para a saúde mental e emocional existentes.

Ao acto de presentación celebrado este martes acudiron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a directora do CIM, Dolores Crujeiras e a técnica de Igualdade, Paloma Seijo que compareceron para explicar os contidos das catro sesións que se van a levar a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.

As persoas destinatarias son preferentemente para mulleres pero, segundo informaron, non están excluídos os homes que teñan interese nestas problemáticas.

Programa docente

-Sesión 1 A saúde mental das mulleres. Mitos e ideas erróneas

Data: 4 de outubro

Imparte: Ángeles Pazos Sieira – Psicóloga do CIM de Ribeira

Contidos: O xénero como determinante da saúde mental, factores que inflúen na saúde mental das mulleres, relación entre condicións de vida e saúde mental e mitos e ideas erróneas sobre a saúde mental das mulleres.

-Sesión 2 A ansiedade e a depresión nas mulleres

Data: 11 de outubro

Imparte: Iria Veiga Ramos – Facultativo especialista en Psiquiatría da Área Sanitaria de Santiago

Contidos: A depresión e a ansiedade nas mulleres, como recoñecer a depresión e a ansiedade, como onde atopar axuda e claves e ferramentas para mellorar o benestar.

-Sesión 3 Os trastornos da alimentación

Data: 18 de outubro

Imparte: Ana María Rodríguez Estévez – Psicóloga sanitaria

Contidos: Que son os trastornos da alimentación; a imaxe corporal das nenas, mozas e mulleres; as redes sociais e a imaxe; como previr os TCA.

Sesión 4 O auto-coidado emocional das mulleres

Data: 25 de outubro

Imparte: Jessica Rodríguez Czaplicki – Psicóloga

Contidos: Que se entende por benestar emocional, formas de sentir, mensaxes para o benestar e técnicas de auto-coidado emocional.

Lugar de celebración

Centro Cultural Lustres Rivas.

Horario: de 18:00 a 21:00 horas

Inscricións abertas dende a web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.