Continua este martes a renovación do firme na autovía do Barbanza, que fará necesarios cortes de carrís

23 Setembro 2024

Estas tarefas, que se desenvolverán os vindeiros días entre as 8 e as 18 horas, teñen como obxectivo garantir a conservación desta estrada e a seguridade viaria

Este martes intervirase entre os puntos quilométricos 31+645 e 31+853, na calzada dereita, o que suporá un corte de carril; e o mércores, entre os enlaces de Palmeira e Ribeira

O xoves actuarase no ramal sentido Padrón do enlace de Palmeira, que estará cortado ao tráfico; e o venres entre os puntos 25+930 e 29+337, na calzada esquerda

A comezos de outubro prevense traballos nos ramais de Boiro Espiñeira e Catoira na calzada esquerda

A Xunta continuará a renovación do firme na autovía do Barbanza, que fará necesarios cortes de carrís.

Estas tarefas, que se desenvolverán os vindeiros días entre as 8 e as 18 horas, teñen como obxectivo garantir a conservación desta estrada e contribuír ao reforzo da seguridade viaria.

No día de mañá intervirase no treito comprendido entre os puntos quilométricos 31+645 e 31+853, na calzada dereita ,o que implicará só un corte de carril.

O mércores traballarase entre os puntos quilométricos 39+875 e 40+020, na calzada dereita, para o que será necesario o corte desa calzada entre os enlaces de Palmeira e Ribeira.

Na xornada do xoves os traballos acometeranse no ramal de acceso sentido Padrón do enlace de Palmeira, que estará cortado ao tráfico.

No caso do venres, traballarase entre os puntos quilométricos 25+930 e 29+337, na calzada esquerda, o que suporá só un corte de carril.

A comezos de outubro traballarase nos ramais de Boiro Espiñeira e Catoira na calzada esquerda, e continuarase no tronco con fresados e reposicións, pero desde a contorna do punto quilométrico 8+500.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.