Volven as clases de baile á Pobra

23 Setembro 2024

Salsa cubana, roda de casino, bachata, baile moderno ou merengue son algunhas das disciplinas que regresan á Pobra do Caramiñal dentro da oferta formativa cultural para o curso 2024-2025.

Estas clases de baile impartiranse tódolos xoves, a partir do 3 de outubro, na Casa da Mocidade a cargo de El TomaSON. Para as crianzas será dende as 18.00 ata as 19.00 horas e as persoas adultas teñen á súa disposición o tramo de 19.00 a 20.00 horas.

“A mediados de setembro presentamos os obradoiros de linedance e baile social con Taller Alecrín e agora traemos as habituais aulas de bailes latinos con El TomaSON. Queremos así seguir dinamizando a vida cultural do noso municipio nos vindeiros meses ao tempo que se potencia a creatividade e expresión artística da veciñanza”, manifesta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Habilítase diferentes canles para a inscrición: na propia Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, no teléfono de contacto 689569224 ou no enderezo electrónico tomasonriveira@yahoo.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.