Comeza a venda de viaxes do Imserso para a nova tempada con 886.269 prazas

22 Setembro 2024

A comercialización das viaxes do Imserso para a tempada 2024-2025 comeza este luns en nove comunidades autónomas, cun total de 886.269 prazas distribuídas en tres lotes.

As primeiras prazas que se poñen a venda, entre o 23 e o 24 de setembro, serán para estancias en Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela e León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid, Melilla e Murcia.  A partir do 25 de setembro, se quedan prazas libres, poderán adquirirse máis.

As viaxes a Asturias, Cataluña, Castela-A Mancha, Ceuta, Galicia, Illas Baleares, Illas Canarias, A Rioxa e País vasco venderanse entre o 25 e 26 de setembro. Neste caso, para mercar a maiores haberá que agardar ata o 27 de setembro.

Prezos e reservas

Os prezos dependerán do destino e da duración, cunha pinza de entre os 120 e os 330 euros. Para reservar será necesario aboar unha cantidade fixa que non superará o 20 % do importe total.

Este pago deberá completarse 45 días antes do inicio da viaxe ou no momento da reserva se a viaxe comeza en outubro ou novembro e faise con menos de 45 días de antelación.

As reservas poderán facerse a través de axencias de viaxes acreditadas, coa presentación única do DNI ou na web oficial (www.turismosocial.com), onde será necesario achegar tamén a clave de acreditación remitida polo Imserso ao beneficiario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.