“Un póquer de ases para un Rei: moito que contar”. Antón Luaces

20 Setembro 2024

Este venres, 20 de setembro, souben -ao igual que moitos dos lectores deste xornal barbanzano- da presentación no Porto do Son do libro “Moito que contar”, da autoría do que, sen dúbida, foi o mellor redactor deportivo dunha emisora de radio galega: Moncho Viña (Ramón Viña Varela) á fronte do equipo, secundado por Alfonso Hermida, Carlos Alberto Sánchez Pontón, José Antonio Fraga, Adrián Viña Menéndez e os compañeiros das emisoras de RNE en Galicia. Porque falamos, obviamente, de Radio Nacional de España en Galicia e, especialmente, dunha materia -a deportiva- que ten carta de natureza nesta cadea de emisoras: Enrique Mariñas Romero, Matías Prats, Joaquín Ramos, Juan Manuel Gozalo e tantos outros España adiante.

Publicado por Baia Edicións, “Moito que contar” relata en 279 páxinas unha fermosa historia do deporte rei, o fútbol, e particulariza -sen deixar pola banda outros deportes e clubes- na do Real Club Deportivo da Coruña e os seus avatares dende a súa orixe á intrahistoria do club, pasando polas reviravoltas do estadio de Riazor, os adestradores, directivas e presidentes destas -que os houbo e cuxa referencia no libro explica moitas das cousas que no seu día se silenciaron por prudencia, por presións, por non causar dano á entidade?- a estrelas que de aquí saíron e que aquí  viñeron, os seareiros (os Riazor Blues incluídos), os ascensos e descensos, a etapa internacional do Depor (Moncho Viña, que tiña medo ao avión e rematou con moitas millas acumuladas nas páxinas dos seus pasaportes) contou e cantou as excelencias daquelas temporadas de ensoñación nas ondas da radio pública (RNE e REE e, anteriormente, en Radio Juventud de Galicia e Radiocadena Española) e as que pasaron envoltas en mantos de néboa e bágoas porque na coruñesa fonte de Catro Camiños pouco ou nada había que celebrar. 

“Moio que contar” relembra o “sentidiño” e as “bandas” de Arsenio, o ser ou non ser de Lendoiro, as “navegacións” do equipo pola Segunda División da Liga española e o Centenariazo, Djukic, Bebeto, Djalminha, Donato, Silva nun cento de historias que Moncho Viña recompila coa inestimable colaboración dos xa citados Alfonso Hermida e Adrián Viña, e a supervisión lingüística do catedrático e escritor Henrique Rabuñal. Un libro que se deixa ler dun tirón porque está escrito para que o lector/lectora se introduza na historia do club de fútbol galego máis laureado a día de hoxe que milita actualmente na Segunda División após ter pasado o calvario do fútbol de Primeira Federación.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.