Portos de Galicia analiza proxectos de futuro para impulsar a actividade naútica

22 Febreiro 2020

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo esta semana unha xuntanza con representantes de distintos portos deportivos e clubs náuticos de Galicia co obxectivo de coñecer as perspectivas de negocio do sector para este exercicio. Nese encontro coa responsable do ente dependente da Consellería do Mar tamén se abordaron posibles proxectos de futuro coa finalidade de impulsar a actividade náutica na comunidade.
A xornada celebrada cos representantes do sector serviu para facer unha análise desta actividade en Galicia e para abordar a posibilidade de impulsar a mobilidade entre os portos deportivos galegos ao tempo que se fomenta a afección ao mar entre a cidadanía. A presidenta de Portos de Galicia tamén expuxo a necesidade de favorecer a chegada de barcos procedentes doutros portos europeos e promover Galicia como porto único así como unha ruta náutica Xacobea. Tamén analizaron a posibilidade de impulsar o uso para tránsito de prazas base que nun determinado momento non estean ocupadas.

Xuntanza de representantes de distintos portos deportivos e clubs náuticos de Galicia

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.