“O ICES estuda ampliar o número de ecosistemas mariños vulnerábeis” – Antón Luaces

19 Setembro 2024

Non está decidido o como e o cando, máis resulta evidente que o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) non desbota a posibilidade de ampliar o número dos ecosistemas mariños vulnerábeis (EMV) en augas comunitarias. De calquera xeito, este órgano asesor da Comisión de Pesca da UE vén de retirar da súa “web” a actualización dun informe sobre eses ecosistemas debido a “erros” advertidos no informe, que poderían ser corrixidos de cara a permitir “máis controis nos datos”.

Neste último informe, os científicos do ICES elevan o número dos ecosistemas (EMV) existentes ou posíbeis situados entre os 400 e os 800 metros de  profundidade en augas da Unión Europea, pasando do peche a toda a pesca de fondo  en 87 áreas de Gran Sol, Golfo de Biscaia e Costas Ibéricas a 115 ou 125 , o que significaría un incremento do 20% nos quilómetros cadrados de extensión. De ser así, pasaríase dos 9.752 quilómetros cadrados da recomendación do ano 2022 a os 12.380 quilómetros cadrados que se barallan actualmente. No escenario máis restritivo, limítase o incremento entre os 14.885 e os 15.515 quilómetros cadrados, un 4,2% máis. 

No Mar Céltico (sur de Irlanda) o número total de polígonos de EMV dentro da zona de 400-800 metros de fondo, a nova recomendación variaría entre os 57 e os 62, e a extensión superficial flutuaría entre 4.559 e 5.896 quilómetros cadrados, segundo os diferentes escenarios.

No ano 2023, a superficie de fondos con EMV oscilaba entre os 3.895 e os 5.587 quilómetros cadrados. No que atinxe ao Golfo de Biscaia e á Costa Ibérica, o novo informe contempla entre 51 e 64 polígonos  con ecosistemas mariños vulnerábeis e unha extensión mínima de 7.821 quilómetros cadrados, cunha máxima de 9.619. No informe do ano pasado, o total de extensión en área situábase entre os 5.857 e os 9.371 quilómetros cadrados. A intensidade da pesca e a aparición de EMV, apunta o informe do ICES, só ten en conta os datos do arrastre de fondo, deixando o palangre de fondo a unha banda, por ser o principal segmento afectado polos peches de 2022 e cuxa inclusión motivara o recurso xudicial interposto pola frota e o Goberno de España, aínda pendente de sentenza.

O ICES non contempla nos escenarios desta resolución a pesca con artes estáticas que “teñen un impacto menor nos hábitats das EMV en comparanza coas artes móbiles de fondo”.

Os trocos baséanse en “probas novas ou actualizadas da presenza de EMV así como na intensidade da pesca con artes móbiles de contacto co fondo, o que resulta nun cambio no risco de impactos adversos significativos adicionais aos EMV cando cadran coa actividade pesqueira”, explica o ICES, que engade que esta nova avaliación “respalda o esforzo continuo para xestionar e protexer de xeito efectivo os entornos de augas profundas”.

No Mar Céltico, a principal novidade da recomendación é a eliminación dun grande polígono de EMV no Banco Porcupine debido a un aumento na actividade pesqueira.

Moi pendentes do resultado deste informe están, en Galicia, as organizacións de armadores dos portos de Vigo, Marín, Ribeira e Burela, e as de Euskadi.

Outros artigos

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.