Xoves 18, aumento da nubosidade cara a tarde e temperaturas sen cambios

18 Setembro 2024

Este xoves irá aumentando a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, medrando nubes de evolución, que poderán dar lugar a chuvascos treboentos, máis probables no interior de Galicia.

Na comarca teremps brétemas costeiras co avance da tarde nas Rías Baixas. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos, as máximas sufrirán lixeiro a moderado descenso nas comarcas do litoral oeste. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos. moderados con intervalos fortes nos arredores de Bares.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.