A Xunta e o Concello de Outes colaborarán na conexión do paseo fluvial do río Tins co centro urbano da Serra

18 Setembro 2024

A Xunta e o Concello de Outes asinaron este martes 17 de setembro o convenio de colaboración para executar a conexión do paseo fluvial co centro urbano na Serra de Outes. O acordo foi formalizado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o rexedor Manuel González. As obras suporán un investimento de case 94.000€, dos que a Xunta asumirá o 70% do orzamento, case 66.000 euros, e contratará e executará as obras. O Concello achegará o 30% restante do custe das obras, redactará o proxecto e asumirá o mantemento das actuacións que se leven a cabo.

O obxectivo concreto, segundo lembrou o alcalde, “é executar a reforma do ámbito entre a avenida San Campio e o paseo fluvial do río Tins na Serra de Outes, actuando sobre os pavimentos, escaleiras e sobre as instalacións existentes”. Estas obras, engadiu, “permitirán conectar a rúa co paseo fluvial de maneira aberta, así como coa plataforma do semisoto da Casa da Cultura”. Así mesmo, crearase unha zona de esparexemento para “gozar das vistas do río” e “mellorar a zona de entronque do paseo fluvial e a ponte que cruza o río, cunha axeitada iluminación e elementos de xardinería”.

Esta intervención enmárcase no Plan Hurbe da Xunta, cuxo obxectivo é “contribuír a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio”.

Logo da sinatura do convenio, o alcalde, xunto co tenente de alcalde e a concelleira de obras e servizos, mantiveron unha reunión coa conselleira e co seu equipo para tratar, entre outros temas, a necesidade de acometer canto antes a reurbanización da avenida de Fisterra, proxecto xa sometido á información pública por parte da Xunta de Galicia en 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.