Grave accidente en Santiago: neno de sete anos cae desde un cuarto piso

15 Setembro 2024

Un neno de sete anos atópase en estado grave tras caer do balcón dun cuarto piso na rúa República Arxentina, na zona do Ensanche, en Santiago de Compostela. O incidente ocorreu ao redor das 11:30 horas deste domingo.

O rapaz, de oito anos, caera dende o balcón dun cuarto andar por razóns aínda sen determinar. As forzas de seguridade, que investigan o sucedido, barallan como principal hipótese a caída accidental.

Varias persoas que pasaban pola rúa acudírono mentres non chegaba a ambulancia. Aseguraban que o rapaz estaba consciente, malia o forte golpe, e que se laiaba especialmente do ombreiro. 

O persoal da ambulancia do 061 que o asistiu conseguiu estabilizalo e logo foi trasladado ao hospital clínico compostelán. Arestora está ingresado na unidade pediátrica de coidados intensivos. 

Inmediatamente, os servizos sanitarios, xunto con axentes da Policía Nacional e Local, desprazáronse ao lugar do suceso. Tamén acudiron axentes da policía xudicial e científica para investigar o sucedido.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.