Alba Fernández Sanlés, de Ribeira, é a primeira científica galega na expedición antártica da iniciativa internacional Homeward Bound

14 Setembro 2024

Alba Fernández Sanlés (Ribeira, 1988) será a primeira científica galega en participar nunha expedición á Antártida organizada pola iniciativa internacional Homeward Bound, un proxecto que reúne a mulleres do ámbito da ciencia e a tecnoloxía co obxectivo de “aumentar a influencia e o impacto feminino nas áreas de STEMM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas e Medicina) relacionadas co medio ambiente, a sostibilidade, a saúde e a sociedade”.

Traxectoria de Alba

Alba formouse na educación pública, que comezou no CEIP de Xuño (Porto do Son) e continuou no IES Leliadoura de Ribeira. Licenciouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutorouse en Biomedicina pola Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona.

Actualmente é investigadora en Ciencias da Saúde Poboacional na University College London (UCL) no Reino Unido.

Ademais da súa traxectoria como investigadora, Alba é directora do Departamento de Divulgación e Compromiso Público da Sociedade de Científicos Españois no Reino Unido (CERU) e fundadora da asociación galega VIEIRA, iniciada tralo recente desastre dos granulados plásticos nas costas galegas, e colabora con diferentes ONG e iniciativas sen ánimo de lucro.

Homeward Bound

Fundada en 2015 en Australia, Homeward Bound ten como misión crear unha rede global de mulleres comprometidas e capacitadas para afrontar e resolver algúns dos grandes desafíos globais. A iniciativa consta dun programa que ofrece un desenvolvemento integral en liderado, e busca transformar o modelo actual imperante apostando por mulleres de todo o mundo con experiencia en STEMM e habilidades para liderar de maneira inclusiva, colaborativa e orientada ao ben común, para asegurar “unha xestión de recursos fiábel e sustentábel”, segundo se fai saber nas bases do proxecto.

Alba Fernández Sanlés formou parte da oitava edición deste programa, que comezou en marzo de 2023 cunha fase online de formación intensiva durante doce meses. O 26 de xaneiro de 2025 xuntarase con compañeiras de diversas nacionalidades (outras catro tamén españolas) en Ushuaia, Arxentina, e o 28 de xaneiro poñerán rumbo á Antártida. Esta expedición de 16 días será a derradeira que Homeward Bound faga á Antártida, e permitirá ás participantes fortalecer as súas habilidades de liderado e desenvolver proxectos colaborativos nun entorno único que van a protexer no seu legado.

Homeward Bound é unha iniciativa global sen ánimo de lucro e as expedicionarias teñen que costear a súa participación. Pódese apoiar a Alba na súa campaña de recadación de fondos, visíbel na Rede a través de Chuffed.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.