
Dende o Consistorio rianxeiro e o Club de Montaña 22 Pés informaron que segue aberto o prazo de inscrición para a sexta edición Andaina do Barbanza Concello de Rianxo que se celebrará o domingo 29 de setembro. A cita deportiva vén da man do Concello e do dito club. Forma parte da Liga Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo e conta cun percorrido de 25 quilómetros. Porén, haberá unha alternativa non puntuábel de 16 quilómetros.
O prazo de inscrición na andaina finaliza o 25 de setembro. Podemos confirmar a nosa participación a través da web Emesports.es.
Establécense como dixemos dous percorridos circulares, un de 25 quilómetros e outro de 16 quilómetros aproximadamente, que percorren as parroquias de Taragoña, Araño, Asados, Leiro e Rianxo.
O programa xeral é o que se detalla a continuación:
• 8:00 h. Punto de encontro e recollida de dorsais – Pavillón Municipal de Rianxo “José M. Abuín – Chema”.
• 9:00 h. Saída da proba da Praza Virxe de Guadalupe
• 15:00 h. Hora estimada de remate da proba.
• 15:30-16:00 h. Entrega premios e remate do evento.



