O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de tempo libre de 350 horas homologado pola Xunta

12 Setembro 2024

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas (105 horas presenciais e outras 95 horas enliña) e 150 prácticas. Impartirase en Lousame en horario de fin de semana: sábados (mañá e tarde) e domingo (mañá).

As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro. O obxectivo deste curso é “formar ao alumnado para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza”. O seu prezo é de 260 euros e as preinscricións poderán formalizarse a través do teléfono 981 820 494 (Concello).

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame e será impartido por FESAN, Escola de Tempo Libre. Para participar é preciso ser maior de idade e estar en posesión, cando menos, dalgún destes títulos: Graduado en Educación Secundaria ou Graduado escolar (ou equivalente).

Ao rematar a actividade formativa, o alumnado recibirá un título homologado de monitor/a de ocio e tempo libre que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais. Un monitor/a de ocio e tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á infancia, en empresas de ocio e tempo libre, etc

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.