Prosegue o Mes da Danza en Boiro este sábado en Goiáns con Xilbareira e Minguantes

10 Setembro 2024

Proseguen esta semana as actividades incluídas na axenda do Mes da Danza de Boiro, impulsado dende a Área de Cultura do Concello.

Desta maneira, logo das citas dos pasados 6 de setembro (o serán música e baile tradicional galegos de Abeloura, nas Festas de San Roque da parroquia boirense de Cespón) e 8 de setembro (no Pazón de Goiáns, unha cita de danza contemporánea con Cenpliés e Intempestiva), a axenda continúa este 14 de setembro novamente coa agrupación local Xilbarbeira e con Minguantes, que achegarán unha dobre cita de baile tradicional galego e contemporáneo a partir das 19.00 horas no Pazo de Goiáns.

O vindeiro 21 de setembro será a quenda doutra entidade local centrada na cultura galega, Aroña, e de Marcia Vázquez, que achegarán unha nova cita coa danza no Pazo de Goiáns a partir das 19.00 horas.

A axenda rematará o 28 de setembro co Serán das Angustias.

Entrada: donativo de 3 euros en beneficio de AGADEA Alzhéimer.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.