“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

09 Setembro 2024

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos seus ingresos económicos, que sería o máis xusto.

O problema real, para a maioría dos estudantes universitarios, continúa sendo o da residencia e Santiago de Compostela é un referente negativo do que non debería ser a especulación inmobiliaria e que tanto prexudica a moitas familias e aos novos estudantes. Recordo, cando algúns estudamos hai xa varias décadas, e vemos como a situación non mellorou e deteriorouse.

Demasiados contratos privados ou de palabra, sen depósitos de fianza, a cambio de rendas importantes e que non se corresponden co bo estado da vivenda. Algunhas con problemas de humidades, falta de luz solar e escasa ou nula ventilación. Arrendamentos por cuartos individuais para que os propietarios obteñan maiores rendementos económicos.

A falta de residencias públicas de estudantes foi, desde sempre, unha dificultade para algúns estudantes que tiveron que optar polos estudos a distancia, ao non ser posible a presencial polo excesivo custo dos alugueiros. Aí, é onde a Xunta de Galicia, que ademais é a súa competencia en materia de vivenda, tería que adoptar medidas pero nunca lles interesou para beneficiar a uns cuantos propietarios, grandes propietarios ou grupos inmobiliarios á conta das familias humildes. Así non se pode presumir de igualdade de oportunidades nin de ter liberdade para elixir.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.