Ribeira homenaxea ao centenario José Fernández Gude, a memoria do mar

06 Setembro 2024

Hoxe tivo lugar un pequeno acto de homenaxe ao veciño de Aguiño e centenario José Fernández Gude, estivo arroupado polo rexedor, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.
Coas faccións esculpidas polo vento, o salitre, a escolma dunha vida dura e traballada polo mar. A José aínda que lle falla un pouco o oído e a vista sorprende pola gran memoria; a longa e a curta, falounos doutro Aguiño, doutra infancia, doutro mar.

Fernández Gude chegou a examinar a Fernando Abraldes sobre os nomes das rochas de Sálvora e Sagres, a Pérez Barral manifestoulle as inquedanzas e suxestións pertinentes dun veciño comprometido pola súa parroquia, tivo un momento para o debate político con Mariño, nas cuestión comprometidas fixo alarde dunha diplomacia elegante; e todo isto interrompido por unha chamada de teléfono na que atendía as
súas cousas.

Trala conversa onde José relatou momentos especiais da súa vida, a visita concluíu co alcalde dándolle un detalle en nome do Concello na súa honra, cuestión que José agradeceu de corazón. Todo un home que revosa vitalidade, saber, autosuficiencia e ganas de vivir.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.