Fulano, Mengano e Citano leva este venres a Boiro “O que hai que ver”

06 Setembro 2024

O auditorio da Casa da Cultura de Boiro acolle este venres ás 21.00 horas unha función para público adulto de Fulano, Mengano e Citano: O que hai que ver.

O que hai que ver! é unha peza protagonizada por Marcos Alonso, Suso Pando e Manuel Pombal. Trátase dunha escolma dalgúns dos mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano. A maiores aparecen outros de nova creación aos que se lle engaden cancións orixinais. Trátase, nas súas palabras, dun espectáculo variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á compañía.

É en definitiva unha proposta na liña da compañía que nos mostra unha serie de historias nas que o espectador se sente protagonista e participe directo. Todo contado cun humor rebordante que fai que a xente saia do teatro satisfeita, feliz e con ganas de voltar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.