“Discapacidade e dependencia” – José Manuel Pena

05 Setembro 2024

Galicia é unha sociedade envellecida e por tanto onde maior número de pensionistas hai, ben sexan de xubilación ou de invalidez. O problema, ademais do gran número de persoas que perciben pensións mínimas, mesmo ás que se lles ten que aplicar o complemento correspondente para garantirlles a prestación. Atopámonos en que hai unha excesiva demora na resolución do recoñecemento da situación de dependencia, en algo máis dun ano, sendo Galicia a cuarta comunidade autónoma con maior espera.

Cando unha persoa solicita o recoñecemento do grao de discapacidade, xa ten que esperar o seu e posteriormente, se ten dereito polo grao de discapacidade recoñecido, aínda ten que solicitar o recoñecemento da situación de dependencia, demorándose a resolución en máis de doce mes, cando a Lei de Dependencia sinala un prazo estimado de seis meses.

Moitas entidades sociais, traballadores sociais e familiares de persoas con discapacidade poñen o berro no ceo por estas demoras, por parte da Xunta de Galicia, que tanto prexudican ás persoas dependentes como aos seus familiares. Hai que pensar que o recoñecemento da dependencia é fundamental para os coidados, que van desde axudas económicas de 416 euros mensuais así como a atención domiciliaria, o poder acudir aos centros de día, ingresar nas residencias públicas (porque as residencias privadas supoñen un custo mínimo de 2.000 euros mensuais) así como todas aquelas prestacións e servizos de atención adecuados. É dicir poder facilitar unha atención integral ás persoas con algún tipo de diversidade funcional.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.