Ribeira estrea o seu primeiro parque cuberto para a rapazada

05 Setembro 2024

O Concello de Ribeira, cumprindo co compromiso na mellora, remodelación e acondicionamento dos parques infantís, fixo realidade (en tempo e prazo) a apertura do parque infantil das Avesadas tras unha reforma que incluíu a estrea dunha cuberta téxtil. Foi, segundo sinalou o alcalde Luís Pérez Barral, “unha acción moi demandada pola veciñanza que permitirá gozar do parque durante todo o ano sen limitacións de uso polas choivas”.

Engadiu que dende un punto de vista construtivo recorreuse a un sistema estrutural dun arco e dúas liñas de piares opostos sobre os que se tensa a cuberta téxtil. Explicou tamén que o proxecto cumpre o Código Técnico da Edificación, satisfacendo as esixencias básicas para cada un dos requisitos básicos de seguridade e accesibilidade.

Fontes do Concello de Ribeira informaron tamén de que a finais de mes procederase a poñer uns puntos de luz no interior do parque e, tamén, a brigada de obras realizará tarefas básicas de mantemento nalgúns elementos como a varanda perimetral.

Esta actuación supuxo un investimento de 97.066,67 euros e forma parte do Plan Provincial de Obras e Servizos POS+ 2023. A empresa encargada de realizar a obra foi Nature Infraestruturas e Servizos, S.L.

O alcalde informou que se están a investir 672.000€ a ese Plan de Mellora de Parques Infantís cos que se actuou nos parques de Banda ó Río, Avesadas, Artes, Carreira e comezará este mes a obra no parque da Horta do Cura de Palmeira. O rexedor engadiu que se van seguir mellorando as áreas de lecer para a rapazada de maneira progresiva e sobre todo aquelas que se atopan máis deterioradas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.