O Encontro Tradicional de San Roque (Cespón) celébrase este sábado e inclúe xogos, música, circo e gastronomía tradicional

03 Setembro 2024


O campo de San Roque, en Cespón (Boiro) vai ser este sábado 6 de setembro un fervedoiro de música, baile e xogos tradicionais. Estamos a falar do Encontro Tradicional de San Roque organizado polo colectivo local Abeloura. Inclúe xogos tradicionais (a partir das 17.00) e logo un espectáculo de circo para público infantil e familiar a cargo de AsSircópatas. A continuación do serán tradicional (ás 20.00 horas) comezará (ás 22h) o concerto de Faíscas da Pontraga. Haberá churrasco, callos con garavanzos e bebidas a prezos populares.

Ao mesmo tempo, desenvolverase unha xornada de xogos tradicionais no marco do programa Xogantina, tamén a partir das 17.00 e no mesmo emprazamento de Cespón. As persoas participantes poderán introducirse e probar as súas habilidades nos xogos da ra, do tres en raia, do lanzabolas ou dos trebellos tradicionais de madeira, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.