Un ferido nun accidente por caída dun ciclomotor no lugar de Tallós, en Dodro

01 Setembro 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron requiridos ás 21:21 horas do día 31 de agosto por un accidente cun ferido por mor dunha caída nun ciclomotor na estrada AC-305 á altura do punto quilométrico 3 situado en Tallós, concello de Dodro, fronte a FESBA  

Ao chegar ao lugar os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro observan que no lugar están a ambulancia do 061 e o GES de Padrón.

No accidente hai un ferido por caída de ciclomotor con traumatismos no costado dereito e dores en ombro e perna. Logo de falar co persoal sanitario do 061 inmobilízase á persoa ferida para trasladalo en bloque a padiola da ambulancia. Fíxose cargo do ferido o persoal sanitario que o trasladou ao CHUS.

A saída dos bombeiros dáse por finalizada á chegada da patrulla da Garda Civil de Tráfico xa que non hai necesidade de limpeza, nin de evitar máis riscos.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.