
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro retiraron no lugar de Sandrenzo no Concello de Boiro un niño de avespa velutina con actividade.
O niño estaba no faiado dunha vivenda debaixo das tellas, pero de fácil acceso para a súa retirada. Equipado cun traxe de protección un dos bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro aplicou insecticida sobre o niño e, cando xa non había actividade, procedeu a súa retirada ca axuda dunha espátula. O niño foi depositando nunha bolsa para a súa destrución no parque.



