“O cerco, un sector pesqueiro a piques de estoupar coma unha bomba”. Antón Luaces

30 Agosto 2024

Tres organizaciòns pesqueiras andaluzas -Faape, Feape e Admupes- que representan a organizacións de pescadores da comunidade de Andalucía, xunto con confrarías de pescadores e mulleres da oesca, van reunirse este luns coa secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca para trataren un asunto de grande trascendencia para elas e para o sector cerqueiro de caladoiro  Cantábrico-Noroeste como é a sobrepesca da sardiña no espazo marítimo entre as fronteiras de España con Portugal e con Francia. Este exceso de pesca pode conlevar -afirman os pescadores andaluces- duras penalizacións por parte da UE dada a relación existente entre os excedentes de sardiña no Golfo de Cádiz pola aplicación da cota desta especie asignada vía Bruxelas, Madrid e Compostela que se captura rápidamente no Cantábrico-Noroeste e da que son excedentarios no Golfo de Cádiz.

Os cerqueiros andaluces do Golfo de Cádiz dispoñen anualmente dunha cota de sardiña que non poden capturar na súa totalidade e que era ese excedente que os seus compañeiros de Galicia compran porque tamén anualmente se lle adxudican a Galícia cotas de sardiñas moi por baixo das necesidades da frota cerqueira desta comunidade autônoma que ten á sardiña coma unha das súas especies obxectivo. Esta especie excedentaria no devandito Golfo de Cádiz acada un prezo de 0’35 euros por quilo para os barcos galegos que a adquiren, motivo polo que eliminada a “pesca olímpica” da mesma, as organizacións pesqueiras do Sur temen que a UE poida chegar á aplicación de sancións que lles repercutan negativamente aínda que poidan demostrar o seu estrito cumprimento do estipulado por Bruxelas.

Manolo Presas, patrón do cerco dende vai case 40 anos, láiase do desleixo das federacións provinciais, galega e nacional das confrarías de pescadores e dos gobernos de Galicia e España, dada a súa tendencia a agocharse  cando xorde un problema, o que acontece prácticamente a diario.

Critica tamén Manolo Presas ao ICES, suposto encargado de facer as prospeccións do sector pesqueiro para informar do seu estado ao Goberno e  que este lexisle ao respecto. Eles, os pescadores -argumenta Presas- están constantemente enriba do stock, traballando, e son os que coñecen en que estado se atopa o mesmo pero é ol ICES o que informa do mesmo ata chegar a dar conta de que a especie estaba en perigo, cando non foi certo.

Manolo Presas pregunta que especie está en perigo: a sardiña ou o pescador?. Non ten dúbida na resposta: o mariñeiro, porque os armadores teñen diñeiro e poden alugar a sardiña no Golfo de Cádiz dende vai 7 ou 8 anos e pescan aquí a sardiña que, teóricamente, estaba en perigo no mesmo caladoiro. Para eles a especie non está baixo mínimos. “Como dí o refrán, o que ten prata, fode e mata”.

Demanda Manolo Presas que o ministro de Pesca explique que ten previsto facer cos pescadores galegos do cerco aos que as Administracións a pecharon a cota de sardiña. “Esta xa non se pode pescar, como tampouco se pode facer coa xarda (prohibida) ou a anchoa (pechada). Na Zona 8ª c  -de Fisterra a Francia- ten prohibidas esas tres especies das que vivimos durante o ano. Quedan seis meses por diante sen podermos pescar por falta de cota. Temos que amarrar a frota, que van facer con nós?. Este é un paro obrigado, non vontario. Ata marzo non comezarán as campañas da arda e a anchoa, e as Administración aínda non nos pagaron as axudas previstas na campaña de 2023 e agora a actual. De que imos vivir, se, amáis, hai un alto número de mariñeiros que non teñen dereito ao paro. Nen Madrid nen Santiago queren saber nada do asunto. Están a crear unha tensión tan grande no sector pesqueiro que este xa é unha bomba atómica a piques de estalar. Que dean unha resposta, porque o día que esta bomba revente ,vai salpicar a todo o mundo en España”.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.