O Concello de Boiro organiza unha viaxe a Donostia para acompañar ao Club de Remo de Cabo na regata da Kontxa

30 Agosto 2024

O Concello de Boiro organiza unha viaxe a Donostia (San Sebastián) para acompañar ao Club de Remo de Cabo de Cruz o vindeiro 8 de setembro na regata da Kontxa 2024 (Donostiako Estropadak). As inscricións para o autobús e aloxamento poden facerse no Departamento de Deportes ata o vindeiro mércores 4 de setembro.

O autobús sairá o sábado 7 de setembro ás 05.45 horas da Casa do Mar de Cabo de Cruz e ás 06.00 horas dende a Cachada. A chegada a San Sebastián está prevista ás 17.00 horas ao Hotel Unzuaga Plaza (Eibar)

O domingo 8 de agosto está previsto o almorzo no hotel entre as 7.45 e as 8.15 horas e ás 8.30 horas sairase cara a San Sebastián para presenciar a regata feminina, que comeza ás 11.00 horas e a masculina, que sairá ás 12.00 horas. A viaxe de regreso partirá ás 15.30 horas e a chegada a Boiro está prevista para as 02.00 horas.

Máis información e inscricións no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, na Casa da Cultura, a través do enderezo electrónico deportes@boiro.org ou no teléfono 981 84 84 25. A data límite de inscrición será o mércores 4 de setembro ás 14.00h.

Lembrar que a tripulación masculina acadou este xoves a clasificación para regata da Kontxa, co cuarto mellor tempo e despois de asegurar o 9° posto na Liga EuskoLabel na fin de semana.

Segundo recorda o club no seu Facebook, co devandito cúmprense 20 participacións do club patrocinado por Rianxeira (JEALSA) na Regata da Kontxa con 10 clasificacións para a final.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.