O Concello de Boiro, a través da Concellería de Servizos Sociais, convoca una nova edición do Distintivo Benestar Social, uns premios que teñen como finalidade recoñecer o labor social e de voluntariado no municipio. O vindeiro venres 6 de setembro ás 19.00 horas a terceira edición destes galardóns.
O Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro, que celebra este ano a súa terceira edición, nace da idea conxunta e da necesidade de agradecer o labor de persoas, entidades ou empresas que fan un traballo desinteresado á vez que se incentiva o voluntariado.
Nesta edición vaise facer entrega dun total de seis galardóns: Entidade Social, Voluntariado, Sector Empresarial, Inclusión Social, Méritos Extraordinarios e Superación e Exemplo.
Con estes galardóns o Concello de Boiro, seguindo as propostas das entidades e baixo uns criterios técnicos, pretende recoñecer publicamente a labor de persoas, entidades e empresas no municipio.
“Boiro ten a sorte de contar cunha rede social moi ampla, da que forman parte colectivos, entidades, empresas e persoas que favorecen ao desenvolvemento social do noso pobo, contribuíndo ao benestar das persoas. Un labor desinteresado que debe ser recoñecido”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.




