“Memoria da Chaira enteira, lembrando a Manuel María no seu cadodano” – Xulio Xiz

30 Agosto 2024

Manuel María, o poeta da Terra Chá, morreu o 8 de setembro do ano 2024. Desde entón, cada ano, Xermolos de Guitiriz e a Irmandade Manuel María, o 8 de setembro, celebran a Memoria da Chaira Enteira, á que este ano corresponde a XX edición.

O centro de celebración é a terra natal de O Manuel, Outeiro de Rei, e comezará ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra. Seguiralle (17,00 h.) un recital de poemas de Manuel María no simbólico lugar de As Penas de Rodas, tan querido polo autor de Terra Chá, o libro que conforma a infraestrutura cultural básica desta unidade xeográfica e humana que ocupa o centro da provincia de Lugo.

Ás 18,00, prego no cemiterio de Outeiro de Rei diante da tumba do poeta, con lectura de anacos da súa obra polos amigos e devotos presentes. Culminarán os actos ás 19,00, na Campa de Santa Sabela, coa entrega de A Navalla do Manuel.

As navallas de Manuel María

O Manuel tiña querencia polas navallas como símbolo utilitario de irmandade, usada para partir o pan na mesa familiar e de amizade. Xermolos e a Irmandade Manuel María crearon o premio A Navalla do Manuel que cada ano se entrega a unha persoa destacada no mundo da cultura, con vencello con Manuel María, e con vocación cultural e social. E tamén cada ano entrega unha medalla a título póstumo a unha persoa que durante a súa vida se distinguiu na defensa dos mesmos valores.

A Navalla do Manuel a un persoeiro da cultura, cos valores que defendía o Manuel, vaise entregar a Luís Fernández Guitián, músico, mestre e escritor, que ostenta a Alcaldía do concello de Sober (Lugo). E a entregada a título póstumo corresponde a María Xosé Neira Maseda, activista sociocultural.

Despois da entrega das navallas, partirase o pan e o queixo a compartir, que serán acompañados por viño da Ribeira Sacra.

Para anotarse ao xantar, hai que chamar ao tfno. 646413890.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.