Amicos celebra este venres, con disfraces, premios e música, o seu Festival de Entroido 2020

20 Febreiro 2020

Comeza o miolo do Entroido galego e barbanzán e as nosas asociacións, colectivos e entidades diversas pechan fileiras arredor da festa por excelencia do mes de febreiro. Por exemplo a Asociación Amicos, que prepara unha gran celebración este venres no seu Centro de Atención Integral de Boiro, en Comoxo. A cita festiva, o Festival de Entroido de Amicos, será a partir das 11.00 horas e promete ser un evento de creatividade, participación, talento e, por suposto, inclusión.

Respecto do programa, está previsto que a partir das 11.00 comece o desfile de disfraces, no que participarán as usuarias e os usuarios dos centros da asociación, que ten sedes principais en Oleiros (Ribeira) e en Boiro. Nesta edición 2020 do festival, a entidade achegará dúas modalidades ao certame: a categoría individual e a categoría comparsa. Posteriormente, e até ben entrado o serán, sucederanse unha serie de actividades festeiras complementarias: entrega de premios do concurso de disfraces, xantar con receitas tradicionais, baile, karaoke, photocall, xogos populares, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.