“O pastor, pastoreando”. Luís Celeiro

29 Agosto 2024

Andan os pastores pastoreando os rabaños, cada un o seu, con máis ou menos reses, de
tamaño, de aparencia, de raza e de costumes diferentes. A maioría son ovellas e os que as
pastorean son de Asovega (Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega), amantes do
asociacionismo, defensores da produción de carne feita con pastos de Galicia e procurando
recuperar e fortalecer a raza Ovella Galega, para “levala ao lugar que se merece como
patrimonio xenético e cultural da nosa comunidade”.
Os pastores son testemuñas vivas dunha parte da cultura popular e da ciencia que se crea e
se desenvolve nun país. Son paisanos que vixían e controlan os montes, o nacemento das
árbores, o espertar da vexetación, os camiños e os cortalumes. Son desas persoas que ven
medrar as herbas e escoitan os seus diálogos coa natureza. Iso si, están ferozmente en
contra dos lobos e resístense a entender que se diten e aproben normas para protexelos.
O seu cometido principal, o dos pegureiros galegos, é defender, promocionar, coidar e
vender para os festexos ovellas de boa raza, daquelas que noutros tempos eran as veceiras,
en rabaños comunitarios e atendidas polos veciños, segundo as quendas acordadas. Aquelas
ovellas, xunto coas cabras, comían nos montes altos, naqueles lugares aos que lle era difícil
achegarse o gando vacún.
Coas vacas pastoreábanse ás ovellas nos vales e nas concas dos ríos grandes e pequenos. A
explotación duns animais complementaba á explotación doutros. Todo era pouco e o que
máis se acumulaba no curral da casa de calquera labrego ou gandeiro era a escaseza. Os
nenos, pícaros e rapaces gardaban as vacas e as ovellas, alindábanas no prado, nas searas
de restreba e na serra, antes e despois de ir á escola.
E, hoxe, quen pastorea ás ovellas? Hai poucos que o fagan e tamén é difícil levar as ovellas
polo carreiro. O pastoreo está en decadencia total e absoluta. Queda o pastor eléctrico e no
caso dos fieis que buscan orientación, a onde poderán ir? A Tía Manuela, igual que un amigo
que foi algún tempo cura, e agora é outra cousa, pensa que a liberdade e os dereitos dos
individuos, de calquera especie ou xénero, contradín a intencionalidade do guiador da
rabañada. Pero aínda así, o pastor está obrigado a seguir pastoreando.
E, a Cabra Galega? Esta raza caprina formouse e explotase en Galicia. Está integrada por
individuos dispersos polas terras montañosas de Lugo e Ourense, por onde andan as cabras
e os castróns buscándose a vida e compartindo as uces, as follas de bidueiro e os toxos
verdes, de flor amarela e con carrachas. Temos dúas razas galegas de cans, o Quisquelo ou
coelleiro, para a caza, e o Can de palleiro, para gardar a casa e as bacas amigas súas, as
Cachenas, Caldelás, Frieiresas, Limiás e Vienesas. Tódalas vacas pacendo en tódolos prados,
para orgullo de todos nós.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...