A Policía Nacional detén en Ribeira a un varón como presunto autor dun delito de tráfico de drogas

20 Febreiro 2020
Cedida pola Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira detiveron a un varón de 44 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

No marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade ribeirense, os policías encargados do mesmo procederon á interceptación e identificación dun individuo, localizando entre as súas pertenzas varias bolsiñas termo seladas, as cales contiñan certa cantidade de heroína, ademais doutras con aproximadamente 20 gramos de cocaína. Así mesmo, interviñéronselle máis de 700 euros en efectivo en billetes e moedas de diverso valor, dous teléfonos e outros efectos.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido, ao cal lle constan antecedentes por feitos similares, foi posto a disposición da autoridade xudicial.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.