“Calados, submisos e obedientes” – José Manuel Pena

28 Agosto 2024

Está a falarse moito de desigualdade entre cidadáns españois, segundo a Comunidade Autónoma na que resida. En España, nunca houbo unha igualdade real entre españois. O triángulo formado polas cidades de Bilbao, Barcelona e Madrid foron os máis beneficiados da maioría dos investimentos e da riqueza do noso país.

Catalunya, Euskadi e Madrid foron e son as comunidades autónomas máis ricas de todo o territorio nacional. Non nos esquezamos que, desde Galicia, Andalucía ou Estremadura cando alguén desexaba buscar emprego na pel de touro marchaban a Euskadi, Catalunya ou a capital do estado. Alí é onde había máis emprego de calidade, mellores condicións laborais e maiores salarios.

Co paso do tempo, en Galicia pouco cambiou a situación, ao continuar sendo unha das comunidades menos prósperas do estado, a pesar de levar gobernando o mesmo partido político, con maiorías absolutas, ao longo de corenta anos. Cal podería ser o problema? A resignación, a falta de loita e reivindicación.

Os gobernantes da Xunta de Galicia sempre presumiron que en Galicia reinaba a tranquilidade e a moderación, aínda que algúns cremos que foron demasiado compracentes, calados, submisos e obedientes cos mandaríns do Estado, moito máis cando coincidían coa súa mesma ideoloxía política. Así nos loce o pelo á maioría de galegos que teñen que volver emigrar se, en realidade, queren poder vivir do seu traballo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...