“Galicia rebaixa a calor corporal da súa poboación en 519 zonas de baño” – Antón Luaces

28 Agosto 2024

Con temperaturas máximas que oscilaron entre os 25 graos en grande parte do seu territorio e os 40 en distintas zonas da provincia de Ourense, os galegos e aqueles que nos visitaron este verán a piques de rematar, temos lugares abondo nos que reducir os efectos deste caloroso tempo chamado xa a ir mudando: 519 zonas de baño nas que nos por a remollo unhas horas e paliar así os efectos dun sol para moitos implacable e que, en boa hora, non acada aquí as temperaturas que este ano marcaron “a fogo” a práctica totalidade da península Ibérica: de Norte a Sur e de Leste a Oeste, incluidos Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.

Desas 519 zonas de baño que ten Galicia, 228 corresponden á provincia da Coruña e 209 á de Pontevedra. En conxunto, estas dúas provincias concentran o 84,2% dos lugares nos que se bañar nesta comunidade autónoma. 

Do total de puntos de baño que recompila o Censo Nacional de Augas de Baño, publicado pola Subdireción Xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral, desas 519 zonas de baño, 451 corresponden a augas marítimas e de transición., mentres que as 68 restantes son de carácter continental (que abranguen ríos e encoros). A provincia de Ourense -que carece como é ben sabido de costa marítima- é a que máis augas continentais ten, e A Coruña é a provincia con máis zonas de baño de Galicia.

No Censo Ministerial xa citado non se estipulan todos os lugares destinados ao baño do país. Só aqueles que controla para garantir a calidade das súas augas. Sen embargo, a Conselleria de Sanidade da Xunta sí recolle os puntos vermellos do territorio. Fáino no Programa de Vixilancia Sanitaria que estipula 32 zonas marítimas e continentais das catro provincias nas que se prohibe permanentemente o baño por altos índices ded Escherichia Coli e Enterococcus, que pode producir gastroenterite ou enfermidades respiratórias.

Case que totalmente bañada polo Atlántico, A Coruña é a provincia galega con máis localizacións “refrescantes”: 228, delas tan só 10 de orixe continental (comprendendo ríos e encoros). As terras coruñesas teñen unha praia para cada 5.155 habitantes, aproximadamente, nos seus 956 quilómetros de costa.

O municipio coruñés con máis número de zonas nas que se poder bañar é Muros, con 22 praias, seguido de Ribeira con  19 zonas de baño e, con máis de 10, Porto do Son e Ferrol. A Coruña, capital, só ten 7 praias, sdndo as mñais colñecidas as de Riazor, Orzán e As Lapas.

Pontevedra é a seguinte provincia en número de zonas de baño: 209, con Vigo como municipio con maior número delas: 25 praias. Séguenlle O Grove, con 21, e Sanxenxo, con 20.

Das zonas de baño da provincia pontevedresa, 21 corresponden a augas continentais, con ríos e desembocaduras do Miño en Tui e Tomiño. Oito destas zonas de baño costeiras están en Cotobade (treitos dos ríos Almofrei, Calvelo e Cabanelas) e Ponteareas (treitos do río Tea). Na capital da provincia, Pontevedra, teñen para baño o río Verdugo.

A provincia de Lugo dispón de 60 zonas de baño nos seus 144 quilómetros de costa, 55 praias e 15 ríos e encoros. A  máis coñecida é a praia das Catedrais, en Ribadeo. O concello lucense con maior número de praias é o de Foz: 9. Barreiros e Xove son opcións moi válidas para o baño. Máis no que atinxe a augas continentais existen posibilidades para o baño en todo o territorio interior dende Baralla, Castro de Rei, Guitiriz, Mondoñedo e a propia capital, Lugo, entre outros.

Ourense, a provincia interior (carente, polo tanto, de augas marítimas) ten alternativas para o baño en augas continentais: 22 zonas de baño dende o río Miño, que atemperan á veciñanza en Ourense e outros pobos da contorna, a Castrelo de Miño (con encoro e acceso ao río), Carballeda de Valdeorras (cunha piscina fluvial que baña o río Sil) ou o río Támega (Verín) e o Riveira, na Gudiña.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.