Este domingo 1 de setembro celébrase o XV Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

31 Agosto 2024

O Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” acolle este domingo 1 de setembro o XV Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo. A proba, que conta con máis de 2.500€ en premios, congrega anualmente a máis de 200 xogadores procedentes de diferentes partes do mundo, entre eles varios considerados “grandes mestres”, segundo informou a organización na presentación deste evento, onde engadiu que se trata dunha proba puntuábel para o XVII Circuíto Galego de Promoción da Federación Galega de Xadrez. As inscricións cómpre facelas a través da conta escolaxadrezrianxo@gmail.com ou no 680 193 289. Organiza o Club Xadrez Rianxo co patrocinio do Concello e a colaboración da Xunta, a Deputación da Coruña, Abanca, CONGALSA, Conservera de Rianxo e Hotel Scala. O director do torneo é Néstor Martínez Dourado e o árbitro principal Oscar Bruno de Prado Rodríguez. Inclúense as seguintes categorías: sub8, sub10, sub12 e sub14. O Concello de Rianxo publicou en formato PDF toda a información sobre a proba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...