Máis de 30.000 persoas visitaron a mostra ‘Instrumentos de Visión’ de Armin Linke na Igrexa da Universidade

27 Agosto 2024

A exposición, que conmemora o 25 aniversario do IGFAE e os 70 anos da fundación do CERN, estende a súa apertura en Santiago ata o sábado 21 de setembro.

 A exposición Instrumentos de Visión, do artista Armin Linke, amplía a súa estadía en Santiago de Compostela ata o sábado 21 de setembro. A mostra, que xa suma máis de 30.000 visitas desde a súa inauguración, permanecerá aberta na Igrexa da Universidade en horario de martes a sábado, de 11.00 a 20.00 horas. O proxecto, froito da colaboración do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e Arts at CERN, conmemora, neste 2024, o 25 aniversario do IGFAE e os 70 anos da fundación da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).

Instrumentos de Visión compila máis de 20 anos de traballo do fotógrafo e cineasta Armin Linke (Milán, 1966), a partir da observación das investigacións realizadas en grandes infraestruturas experimentais como o CERN, o Laboratori Nazionali di Gran Sasso (L’Aquila, Italia), ou o Institute for Quantum Optics and Quantum Information (IQOQI), de Innsbruck (Austria). Para esta ocasión, Armin Linke realizou unha serie de obras nas que se recolle o labor científico do persoal do IGFAE, presente nalgunha das máis importantes colaboracións científicas internacionais en física de partículas, como o experimento LHCb do CERN.

Este proxecto está comisariado por Mónica Bello (Santiago de Compostela, 1973), directora de Arts at CERN, o programa de arte desta organización científica, e enmárcase na aposta realizada nos últimos anos polo ArtLab do IGFAE, co obxectivo de abrir novos espazos de conexión coa sociedade. Así, Instrumentos de Visión contribúe tamén ao diálogo entre a arte contemporánea e as diversas liñas de investigación do IGFAE.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.