Arrinca o programa de talento dixital para a rapazada Tech Kids, que inclúe un obradoiro en Ribeira o 4 de setembro

01 Setembro 2024

O programa inclúe no seu primeiro treito unha actividade formativa na Aula CeMIT de Ribeira (o 4 de setembro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), puxo en marcha unha nova edición do programa Tech Kids, destinado a fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a rapazada. Este ano a iniciativa desenvolverase baixo o lema Argallando entre xeración, buscando a colaboración interxeracional na resolución de diferentes retos tecnolóxicos.

As actividades, que arrancan este mércores 28 na Aula CeMIT de Santa Comba, desenvolveranse ata outubro a través de sesións formativas de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de diversos concellos de toda Galicia. Ademais, o día 10 de setembro celebrarase unha sesión formativa no Centro Gaiás Tech na Cidade da Cultura. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da páxina web da Rede CeMIT.

As actividades están destinadas a rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos, que durante 4 horas realizarán actividades de deseño e modelado en 3D, práctica guiada de construción e programación dun robot ou experiencias inmersivas en Realidade Virtual.

O obxectivo da AMTEGA e o CPEIG é que “a partir desta aprendizaxe se senten os alicerces para poder deseñar e desenvolver voluntariamente un reto científico-tecnolóxico en equipo, integrado por persoas de diferentes xeracións”. Os proxectos resultantes destas actividades publicaranse na páxina web e nas redes sociais do programa Tech Kids – Argallando entre Xeracións e premiarase aos mellores equipos participantes e proxectos realizados nun acto de entrega que se realizará no Centro Gaiás Tech a finais do mes de outubro.

O programa inclúe no seu primeiro treito unha actividade formativa na Aula CeMIT de Ribeira (o 4 de setembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.