“O 2024 non está a ser un bo ano de pesca no Cantábrico”. Antón Luaces

27 Agosto 2024

Parada por decreto a costeira da xarda e paralizada asimesmo a campaña da anchoa e sempre con prezos inferiores aos agardados, a actual campaña de bonito só crea, ata o de agora, espectativas e escasas realidades de beneficio: 2024 non está a resultar un ano cando menos aceptable para as frotas de baixura de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, integrantes estas dun censo total de 553 cerqueiros que, como dicía vai uns días un armador galego “están a velas vir”.

Moito ten que millorar a situación para que a valoración dos propios actores desta nada positiva campaña modifique a conclusión final.

O de Guetaria foi días pasado o porto no que, maioritariamente, descargou este ano a reducida frota boniteira galega con base, principalmente, nos portos de Burela, Celeiro e Portosín que acadaron mínimas capturas -en número de pezas e talla e prezos destas. Salvouna, ata o momento, o feito de que na costeira deste ano os barcos non tiveron que realizar grandes desprazamentos, o que significa un menor gasto en combustible.

E aquí foi onde a crúa realidade fixo que os boniteiros galegos -coma os seus compañeiros das comunidades autónomas colindantes- estableceran as primeiras comparacións nos desembarques de bonito -pequeno e irrendible- realizadas ata a actualidade e que, con relación a anos anteriores, nomeadamente 2019 , excepcional en prezo e volume.

Por se fose pouca a redución experimentada nas descargas, os prezos acadados en 2024 e os beneficios derivados delas tampouco crean satisfación algunha, Pescadores e armadores, malia todo, non perden a confianza e agardan un cambio, xa, para esta mesma semana sobre todo no tamaño dos indivíduos. Agoiran bonito grande para levantar os ánimos  e reducir a perda ata o día de hoxe acumulada: os oprezos oscilaron a semana anterior entre os 3,40 e os 3,59 euros o quilo, se ben en segunda venda chegou a subhastarse a 4,60 euros.

Falla tamén, afirman os mariñeiros, a escasa demanda do mercado de fresco, ocasionada ao seu entender  pola actitude das conserveiras, que non están a comprar nas lonxas. O importante stock de bonito en conserva reduce lamentablemente o consumo do fresco.

Aína que este ano as capturas desta especie producíronse mais preto da costa, o  çerto é que a competencia do bonito canario poido ter influído na costeura do Cantábrico- E se sumamos a todo isto o Total Admisible de Capturas (TAC) fixado pola Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT) para o total de portos do Cantábrico (non superan as 16.000 toneladas para o total dos portos do Cantábrico) xa temos a radiografía completa dujnha campaña ruinosa para a frota do norte e noroeste de España.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.