Detido en Santiago un mozo tras chocar cun coche roubado e sen licenza de conducir

26 Agosto 2024

A Garda Civil da Coruña detivo a un mozo de 18 anos en Santiago de Compostela, implicado nun accidente de tráfico mentres conducía sen licenza e nun vehículo que, segundo as primeiras investigacións, roubaría momentos antes.

O incidente ocorreu a tarde do domingo 25 de agosto, cando o mozo circulaba a gran velocidade en dirección ao Aeroporto de Lavacolla e sufriu unha saída de vía, impactando contra o muro dunha vivenda pouco antes das 21:00 horas. Tras o accidente, o condutor tentou fuxir a pé, pero foi interceptado rapidamente por axentes do Destacamento de Tráfico de Santiago.

As autoridades confirmaron que o mozo non posuía licenza de conducir e que o vehículo fora subtraído nas proximidades do polígono da Sionlla, en Santiago. Ademais, as probas preliminares indicaron a posible presenza de drogas no seu organismo, un resultado que está pendente de confirmación polo laboratorio.

O condutor foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago para recibir atención médica polas lesións sufridas no accidente.

A Garda Civil ha sinalado que o mozo podería enfrontar penas de prisión de entre tres e seis meses, multas de ata vinte e catro meses, e traballos en beneficio da comunidade durante 31 a 90 días. Ademais, se se confirma o positivo en drogas, engadiríase unha multa de mil euros, xunto coas penas correspondentes polo roubo do vehículo.

RR.SS.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.