A bicicleta eléctrica, protagonista das rutas polo río Sar e o monte San Gregorio (Padrón)

26 Agosto 2024

O responsábel de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca, participaron este luns 26 de agosto en Padrón nas Rutas en Bici Eléctrica. O evento artéllase a través de varias marchas non competitivas na que 60 persoas, circulan pola contorna do río Sar e o monte San Gregorio.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á poboación do concello e da comarca o funcionamento das bicicletas eléctricas e, así, promover o seu uso.

Segundo destacaron Leira e Rei, os beneficios da bici de batería non só teñen que ver coas súas posibilidades como medio de mobilidade persoal sostíbel, xa que reducen a contaminación atmosférica e acústica, senón que tamén “axudan a fomentar a práctica deportiva sen precisar dunha elevada condición física”.

A iniciativa circunscríbese dentro das actividades vinculadas á 11ª etapa de La Vuelta a España. Unha das probas ciclistas máis importantes do mundo chegará á provincia o mércores 28 de agosto nunha etapa na que o Campus tecnolóxico Cortizo de Padrón será punto de saída e de chegada.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.