Galitoon leva a Barraña (este mércores) o seu espectáculo de monicreques “Kori de Kokoriko”

26 Agosto 2024

A compañía Galitoon vai representar este mércores 28 de agosto un espectáculo para público infantil e familiar en Boiro. Trátase de Kori de Kokoriko. A cita será este mércores ás 12.00 horas na praia de Barraña.

O espectáculo é unha función de monicreques que nos pon na pel do Capitán Tang e dona Evarista, que son testemuñas da aterraxe na Terra dun extraterrestre do planeta Kokorico. A peza cóntanos o que pasaría se quixese coñecer os nosos costumes, malia non saber nin sequera cruzar a rúa dunha forma segura ou distinguir o significado da cor vermella, verde e amarelo… .O Capitán Tang e a dona Evarista terán que explicarlle a Kori como poder desenvolverse e aprender o fundamental de educación viaria para poder ir a salvo pola cidade dunha forma segura e eficiente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.