A 2ª edición do Stocks Fóra Boiro consegue un novo éxito de asistentes e vendas

26 Agosto 2024

A patronal boirense (ABE) acadou un “éxito total” na festa final do verán do comercio local, celebrada esta pasada fin de semana, que compaxinou a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo.

Miles de clientes e visitantes acudiron a esta cita que, segundo sinalou a patronal, “sen dúbida veu para quedar”, e que comezou coa iniciativa Stocks Fóra Boa na que os negocios asociados á ABE ofreceron miles de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana.

Sorteo de 1.000€

Coas compras da fin de semana os clientes podían conseguir rifas para un sorteo presencial de 1.000€. Foron case 3.000 participacións as que se trocaron para o sorteo e a agraciada foi María Dolores Miguens, veciña de Boiro que recibiu os 1000€ en bonos ABE que poderá utilizar, sen caducidade, nos 207 negocios asociados á patronal boirense.

Festa infantil

En relación as actividades paralelas a ABE destacou “a multitude de nenas e nenos que acudiron a divertirse nos inchábeis, o toro mecánico e a festa da escuma que tiveron lugar na praza do Concello”.

A fin de festa celebrouse no parque da Cachada e correu a cargo da banda tributo ao grupo El Último de la Fila e finalizou cun espectáculo pirotécnico.

A valoración do presidente da ABE foi “altamente positiva xa que con esta iniciativa conseguimos atraer a Boiro a numeroso público que consumiu na localidade tanto nos comercios coma nos locais de hostalería que era o obxectivo da campaña”.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.