“Quedan poucos anos á pesca de arrastre de fondo en áreas protexidas” – Antón Luaces

26 Agosto 2024

O ano 2030 é unha referencia importante para que a UE prohiba a pesca de arrastre de fondo das áreas atlánticas protexidas. De non ser así, barállase o ano 2060. Sexa o que sexa, o arrastre de fondo é unha arte de pesca a extinguir, en primeiro lugar nas zonas protexidas. Unha arte con demasiados e poderosos inimigos.

Como é sabido, a pesca de arrastre de fondo está prohibida nun total de 87 zonas do Atlántico. En España está regulada e limitada. Aparte de causar danos á fauna mariña, está a producir emisións nocivas que quecen o planeta. É, o arrastre de fondo, unha práctica pesqueira destrutiva e, segundo novas investigacións ao respecto, tamén libera emisións de  carbono. 

Malia ese prexuízo -que non todo o mundo acepta- a práctica da pesca de arrastre segue a proporcionar máis dunha cuarta parte das capturas pesqueiras en todo o mundo.

A revista Frontiers in Marine Science descobre nun estudo publicado que a pesca de arrastre de fondo é responsable da emisión á atmosfera de ata 370 millóns de toneladas métricas de dióxido de carbono ao ano, o que a converte nunha práctica destrutiva tanto para a vida oceánica como para o clima.

Segundo o citado artigo, a pesca de arrastre de fondo realizada entre os anos 1996 e 2020 aportou 0’97 partes por millón de CO2 para 2030, polo que a taxa de  crecemento do dióxido de carbono na atmosfera aumenta actualmente unha media de 34 ppm. (monóxido de carbono) ao ano, segundo o informe 2023 Global Carbon Budget.

Para o ecólogo mariño Enric Sala, explorador residente de National Geografhic, as emisións da pesca de arrastre de fondo son pequenas comparadas coas que produce a queima de combustibles fósiles en terra, polo que o obxectivo debe ser “conseguir que as zonas protexidas restrinxan totalmente esta técnica de pesca” , sendo “o máis lóxico prohibir a pesca de arrastre de fondo nas zonas mariñas protexidas” que é o que, sen dúbida tenta facer a UE con esa previsión de prohibir a pesca de fondo en 87 áreas mariñas do Atlántico no ano 2030 nas que, a día de hoxe, faenan un bo número de barcos galegos.

 Os países membros da Unión Europea deberían ter listo o pasado mes de marzo un plan de acción no que se indique que territorios van ser os primeiros en  eliminar a pesca de fondo. En 2023, España regulou o número de días que a súa frota de arrastre podía faenar.

A pesca de arrastre utiliza “portas” metálicas dun peso aproximado de máis de cinco toneladas cada en súa coas que navegan e manteñen as redes lastradas no lugar previsto, que pode abranguer máis de 182 metros, unha práctica que pode arrincar sedimentos e destruír hábitats naturais ao causar alteracións físicas no leito mariño que xa se compararon coa corta dos bosques.

Os consumidores da UE teñen a posibilidade de identificar se o o peixe que pensan mercar foi obtido ou non mediante a pesca de arrastre (a UE obriga a etiquetar as fontes de captura, cousa que non sempre se cumpre porque o cumprimento da normativa varía segundo os produtos e os países).

En Estados Unidos non existe normativa; pero a pesca de arrastre está prohibida en máis da metade das augas federais estadounidenses. E a arte máis utilizada para a pesca de arrastre está prohibida en máis dun terzo.

De calquera xeito, existe unha maior predisposición na UE á prohibición da pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas, onde esta práctica segue permitida en grande medida.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.