Daniel Iglesias leva a Regata GADIS organizada polo “Club Náutico Deportivo de Riveira”

25 Agosto 2024

Finalizou en Riveira a XVIII Regata GADIS, organizada polo seu Club Náutico Deportivo e que contou cun
bo número de novísimos futuros talentos na categoría de escolas.

Juan Caballero


Cun atraso considerable sobre a hora de saída programada para este domingo, que eran a 10.30 h., o nordeste, soprando con moita forza, non deu tregua ata ben pasado o mediodía, deixando refachos por encima dos 30 nós, inadecuadas para nenos e nenas de iniciación que se estreaban en competición nesta regata, despois do seu paso polas escolas de verán das súas respectivas entidades náuticas.
Puidéronse celebrar tres mangas para os de escola e os dous restantes de Optimist xeneral, que coas catro validadas o sábado chegábase a completar o programa deportivo da Regata GADIS.
En Optimist xeneral vencía o regatista do “Náutico de Riveira” Daniel Iglesias, empatado a puntos co segundo que foi o seu compañeiro de equipo Enzo Ferrón, líder da primeira xornada. Ambos asinaron unha gran Regata GADIS, do mesmo xeito que o bronce, que foi Antía Díaz, de Ribeira, premiada tamén como primeira muller clasificada, sendo segunda Carlota Casanova, do Real Club Náutico de Vigo.
Nos Sub 13 venceu Iván González, seguido de Pedro Carreira, sendo terceiro Alejandro González, os tres de Ribeira. Como primeira clasificada nesta categoría foi Emma Franco, de Riveira.
E xa dentro do grupo dos Sub11, Regata GADIS para Roque Mayoral, do Náutico de Vigo, seguido por Xian Somoza, de Ribeira, na prata, con Carlos Traveso no bronce, de Vigo.

Respecto ás mozas Sub11 subiuse todo o máis alto do podio Martina Casanova, do náutico vigués, con Vera García no banzo intermedio, pechando o caixón Triana García, as dúas de Ribeira.
En Escola, que hoxe disputaron a súa Fase Final tras a eliminatoria do sábado e a repesca, proclamouse campión da Regata GADIS Pablo González, seguido na prata por Ian Otero, co terceiro banzo do caixón
para Jaime Otero, os tres do” Náutico de Riveira”. Campioa feminina foi Julia Abeijón, tamén de Ribeira.
A entrega de premios celebrouse ás seis e media da tarde, presidindo o acto José Luís Torres Colomer, presidente do “Club Náutico Deportico Riveira”, acompañado polo Tenente de Alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; o seu Concelleiro de Mar, Fernando Abrales; a presidenta de Cruz Vermella de Ribeira, Ángeles Cores; o delegado de Portos de Galicia Marcos Sampedro; e os directivos do Náutico José Luís Lomba, Justo Arevalillo e José Díaz.(Juan Caballero)

Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.