Un incendio calcina varios pneumáticos e enche de fume as instalacións dun parque de ocio en Santiago

24 Agosto 2024

O lume orixinouse na zona de carga dos karts eléctricos, unha das actividades que se poden realizar neste centro, e que está situada a carón dun circuíto delimitado polos pneumáticos afectados. Ademais do punto de carga dos vehículos, en total arderon unhas seis ou sete rodas de caucho, o que provocou que unha intensa fumareda se propagase por toda a nave. Por fortuna, ningunha persoa precisou asistencia sanitaria.

Pasaban as 11 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia e indicou que saía moito fume das instalacións dun parque de ocio infantil situado na rúa República Checa, no polígono compostelán de Costa Vella. Por este motivo, era imposible entrar para comprobar o que estaba a ocorrer, pero o propio alertador descartou que houbese persoas afectadas.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a actuación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, informados de xeito preventivo, dos Bombeiros e da Policía Local de Santiago, así como dos axentes da Policía Nacional.

Pouco despois, os equipos de extinción atopábanse xa no punto, traballando para extinguir as lapas e, finalmente, comunicaron ao 112 Galicia a natureza da súa intervención. Unha vez realizaron as medicións pertinentes para confirmar que se podía estar no interior da nave con seguridade, retiráronse de novo ao seu parque.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.