A V edición do festival Paisaxes Sonoras, o festival de Barbanza Arousa que reivindica espazos de singularidade paisaxística, ambiental e cultural como escenarios de concertos de artistas de primeiro nivel, chega esta fin de semana ao seu punto culminante, con catro actuacións que poñen en valor o Pazo de Goiáns, o Pazo de Rianxiño, o Parque Periurbano de Ribeira e o Miradoiro de Cabío na Pobra.
A quinta edición de Paisaxes Sonoras inclúe concertos este 23 de agosto ás 20:00 horas, con Abraham Cupeiro en Boiro; o día 24 de agosto as 12:00 horas con Uxía e Ruibal en Ribeira; ás 20:00 do sábado 24 con The Rapants na Pobra do Caramiñal e, finalmente o domingo 25 de agosto ás 12:00 horas con Xurxo Fernandes e Pan sen Fron en Rianxo.

Igual que nas anteriores edicións, este festival realízase en cooperación coas concellerías de cultura e festexos dos catro concellos e as localizacións serán 4 espazos culturais e naturais de gran potencial turístico do destino. O Pazo de Goiáns en Boiro, o Pazo de Rianxiño en Rianxo, O Parque Periurbano de San Roque en Ribeira e o Miradoiro de Cabío na Pobra do Caramiñal serán os lugares emblemáticos deste festival.
Esta edición está marcada por unha tripla fusión entre natureza, música e enogastronomía, con actividades como degustacións e visitas guiadas.
As estradas están á venda no portal Ataquilla, sendo unicamente abonos para os 4 concertos, cun custe de 20 euros máis gastos de xestión.




