Un motorista resultou ferido despois de colidir contra un coche en Rois

22 Agosto 2024

Os feitos aconteceron dez minutos despois das 19 horas no lugar de Vilachán, en Augasantas, e o home foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Pola súa banda, os ocupantes do turismo saíron ilesos.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para indicar que o motorista permanecía tendido no chan logo do accidente.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Padrón e dos voluntarios de Protección Civil de Rois.

Aínda que os servizos sanitarios mobilizaron o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que chegou a tomar terra no punto, ao final o ferido sería trasladado en ambulancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.