“Galicia é grande”. Luís Celeiro

22 Agosto 2024

Bos días, señora, señor, señorita ou cabaleiro! Bos días e escoite ben! Chamámoslle dunha
axencia de viaxes, a máis importante de todas as que vostede poida coñecer e, por suposto,
a máis familiar, a máis barata e a que viaxa a lugares máis seguros. Somos organizadores de
excursións, de viaxes culturais, de viaxes a lugares exóticos e paradisíacos.
Se vostede quere podemos achegarnos a centros relixiosos de calquera parte do mundo, ás
praias máis fermosas, aos desertos máis espectaculares, como o do Sáhara con máis de
nove millóns de km 2 , o do Gobi, entre o Norte de China e o Sur de Mongolia, cos seus
autóctonos dromedarios mirando pasar ao tren Transmongoliano; o de Arabia tamén de
enorme extensión, cuns dous millóns trescentos mil km 2 , ou os desertos de xeo, como a
Antártida, que abarca todo o continente, ou o segundo deserto máis grande do mundo, no
Polo Norte, o Polar Ártico.
O caso é viaxar, moverse, andar, consumir e presumir. Traer de que falar e narrar a viaxe é
algo que conforta aos viaxeiros, a todos os que van ao monte, a xunto do mar, á cidade, á
casa dos parentes ou á aldea de onde saíron, onde máis se goza e mellor se está. Galicia é
un espazo especial para parar, para visitar, ver e volver.
Vén á casa a veciñanza que se foi, son da familia e turistas que non paran de pasear e de
loar a súa terra, “son coma nós, di a muller do taberneiro, a señora Perfecta de San
Salvador, son como eran seus pais cando eles marcharon, ledos, dispostos, faladores e moi
traballadores”.
En Galicia hai moito que ver e moito que facer. Quizais o prioritario sexa coidala, respectar á
súa xente, respectar ao medio ambiente, a cultura propia, a forma de ser dos galegos, a
terra, a natureza, o mar e o aire. Como di a Tía Manuela, “o respecto debémosllelo esixir aos
turistas que veñen e aos que tanto falan dende os altofalantes gobernamentais”. Temos
obriga de esixir respecto para nós e para o noso, para os montes e para os prados, para os
ríos e as leiras todas, para os monumentos artísticos e arquitectónicos, para as aldeas,
lugares e parroquias.
Aprecio e comprensión para os que veñen, sexan de onde sexan, para os inmigrantes,
peregrinos e visitantes. Galicia é grande, máis grande que moitos dese lugares exóticos.
Aquí poden vivir e traballar todas e todos, familias de ben, individuos, compañeiros, amigos
e amigas que amen á natureza, que lle queiran ao presente e que entendan o falar e o
cantar da xente, para que o futuro non se vaia detrás do horizonte.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.