Accidente de tráfico cunha persoa ferida na AC-305, en Cimadevila, no concello de Boiro

20 Agosto 2024
Bombeiros Boiro

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 03:54 horas desta madrugada dun accidente de tráfico acontecido na AC-305, á altura do punto quilométrico 23.5, ao paso da vía por Cimadevila, no concello de Boiro.

A incidencia foi ocasionada por un turismo que saíu da vía pola marxe esquerda impactando con catro vehículos que estaban alí estacionados. A persoa condutora do automóbil atopábase ferida fóra deste, polo que o operativo despregado polos bombeiros consistiu na atención á persoa ferida ata o seu traslado ao hospital do Barbanza, na desconexión das baterías dos turismos e na posterior limpeza da vía.

Participaron tamén a Garda Civil de Boiro, a Garda Civil de Tráfico de Santiago, o 601 e Protección Civil de Boiro.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro actuando esta madrugada en un accidente con feridos en Boiro xunto a Garda Civil, 061, Garda Civil de Tráfico e SMPC no Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.