O X Torneo de Golf Congalsa supera as expectativas e atrae a mais de 120 deportistas á comarca

18 Agosto 2024

O Torneo de Golf Congalsa celebrou a súa décima edición reunindo a máis de 120 xogadores de distintos niveis e procedencias. Durante os días 16, 17 e 18 de agosto, os participantes gozaron de tres xornadas de intensa competencia e camaradería nun dos eventos deportivos que ano tras ano gaña máis adeptos.
O torneo, que se celebrou no Barbanza Golf en Boiro, consolidouse ao longo dos anos, non só polo seu nivel deportivo, senón tamén polo compromiso co deporte local e o fomento de valores como o esforzo, a competitividade e o compañeirismo.
Así, destacábao Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de Congalsa na entrega de premios “estamos convencidos de que os valores do deporte contribúen a construír unha sociedade mellor e tamén poden servir de inspiración para facer mellores ás empresas”.
“É por iso que a promoción do deporte local forma parte da esencia da nosa organización. Impulsamos cada ano eventos de primeiro nivel na nosa comarca, colaboramos con múltiples iniciativas que reflicten a nosa
responsabilidade e compromiso coa contorna que nos rodea e coa comunidade local, promovendo hábitos de vida saudables”, sinalou Cañas.

Os protagonistas do X Torneo de Golf Congalsa
As tres xornadas do torneo estiveron marcadas por un clima excepcional, o que permitiu aos xogadores demostrar todo o seu talento nun campo de golf en perfectas condicións. O torneo dividiuse en varias categorías, permitindo que tanto amateurs como xogadores máis experimentados tivesen a oportunidade de destacar.

Un torneo do que resultou gañador, na súa categoría absoluta, Luis Fernández Espada, con 40 puntos brutos. Tras el, José Luis Rodríguez Figueroa,  foi subcampión con 39 puntos brutos. O mellor hándicap foi para José Viaño Rey, con 43 puntos netos, e o subcampión de hándicap, tamén con 41 puntos netos, foi Xosé Lois Ces Suárez.
Por outra banda, María Ángeles Galloso López proclamouse campión sénior, con 42 puntos netos, e en Adriana Somoza Davila recaeu o premio á campioa feminina, con 38 puntos netos. Finalmente, o campión junior, con 39 puntos netos, foi Carlos Domínguez Xurado.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.