“Villa de Pitanxo: Facer xustiza, saber a verdade”. Antón Luaces

17 Agosto 2024

Han ter que pasar seis meses máis para que as familias mariñeiras de España, África e Suramérica saiban quen son os responsables da maior traxedia rexistrada na frota pesqueira española nos últimos 50 anos: 21 tripulantes mortos e tan só tres superviventes: o patrón, un mariñeiro sobriño deste (os dous galegos) e outro mariñeiro de Ghana, residente en Galicia. 

Dous anos e medio após do naufraxio do palangreiro de Marín Villa de Pitanxo afundido a pouco máis de 700 metros a 250 millas ao suroeste de Saint John’s,  capital de Terranova (Canadá), o informe da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) e as declaracións testificais, o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno prorroga por outros seis meses as conclusións da investigación que, como xa informou este xornal, determinará a presunta responsabilidade do patrón do buque, Juan Padín, e a empresa armadora Nores, propietaria do buque, con sede en Marín. 

Patrón e armadora deben respostar a 21 posibles delictos de homicidio nun caso no que, como din as familias das vítimas, non é unha cuestión de diñeiro a que os move senón de xustiza, de determinar as causas do sinistro.

Dous dos superviventes (tío e sobriño) falan de embarre e parada do motor , escora e afundimento de popa. O sobrevivente ghanés, de que a rede enganchou no fondo mariño e parou a virada do barco na manobra de pesca. Os mariñeiros non sabían que pasaba e descoñecían a causa pola que a maquinilla estaba tan acelerada. Pediron que se cortara o cable, cousa que non se fixo. O barco escorou a babor e afundiu de popa.

O famoso “botón roxo” foi utilizado polo patrón do barco, segundo o testemuño do patrón: activou a chamada seletiva dixital. A activación da alerta de socorro, dixo tamén o patrón, Juan Padín, facilitou a Salvamento Marítimo o aviso de afundimento. E os responsables deste servizo en Saint John’s confirman que recibiron dúas alertas de socorro, máis non había posibilidade de comunicar co barco. Alistaron un helicóptero de rescate, o “Cormorán”, pero a aeronave tivo que repostar combustible nunha plataforma petrolífera debido a que a autonomía da aeronave non lle permitía voar dende a base en Saitn John’s ata o teórico lugar de afundimento e retornar posteriormente á base. Había nevarada e vento de 40 nós na zona. Temporal e moitos restos no mar. Un día moi difícil polas condicións meteorolóxicas.

Dende o pasado mes de febreiro -segundo cabo de ano da traxedia- unha placa lembra en Saints John’s o acontecido, cos nomes dos 21 mortos  e una sentida expresión: “Sempre con nós, ainda que sen nós”. Unha petición de xustiza por parte das familias e compañeiros á Audiencia Nacional que instrue o caso: Que se determinen as responsabilidades tanto do patrón coma da casa armadora, sabedores uns e outros de que as testemuñas dos sobreviventes poden resultar decisivas. Por exemplo, o motivo polo que exclusivamente o patrón e o seu sobriño tiñan posto o traxe térmico ou de supervivencia. O mar rexistraba unha temperatura de 2 graos na zona.

Unha e outra vez, familias, compañeiros e amigos queren saber a verdade do que aconteceu e que permanece afundida a 700 metros a 250 millas ao suroeste de Saint John’s. 

Onde agora faenan quince arrastreiros da provincia de Pontevedra.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.