“Uns afectados que non poden alegar a propiedade dos seus bens”. Antón Luaces

16 Agosto 2024

Na rúa Montalván, 12 de Madrid está radicado o Museo de Artes Decorativas, que acubilla en distintos espazos perto de 2.000 bens incautados durante a Guerra Civil e a ditadura. Entre estes bens figuran medalllas, escritorios, bandexas, pendentes,  broches, garfos, reloxos, espellos, armarios e mesmo obras de arte, etc. 

Os datos proceden do inventario publicado polo Ministerio de Cultura o pasado mes de xuño, e forman parte das máis de 5.000 obras expoliadas durante o devandito período da guerra. A maioría das pezas (2.500 figuran no Museo Nacional do Romanticismo -1.495- e o Museo Arqueolóxico Nacional -1.156- sendo o de Artes Decorativas o que máis obxectos acumula. 

Unha importante maioría das pezas proceden das incautacións realizadas pola Junta del Tesoro Artístico creada polo Goberno da II República para “protexer o patrimonio artístico e cultural” co obxectgo ded salv agardar temporalmente os bens artísticos dos danos da guerra.

Actualmente, as persoas que localicen algún ben da súa titularidade poden presentar o seu rexistro no Ministerio, incluidas as localizadas no Museo de Artes Decorativas.

Neste senso, son numerosos os testemuños que afirman que a familia Franco, en pleno reparto da herdanza  e agardando o que poda suceder con varias propiedades e inmobles de “dudosa procedencia” (como o pazo de Meirás ou a casa Cornide) están a se desfacer de boa parte do patrimonio do ditador para gañar efectivo.

Tamén abundan os testemuños de achegados e familiares de xoieiros galegos, nomeadamente da Coruña, que constatan que en canto estes sabían da chegada dos Franco a Meirás (Sada) para pasar aquí as súas vacacións de verán, optaban por pechar as portas dos seus establecementos por medo a que, en concreto a dona do xeneral Franco, accedera á xoiería para “comprar” artigos que posteriormente non aboaba (ou que algúns dos seus acompañantes se comprometera a pagar para, finalmente, non facelo nen devolvelo).

A casa británica Christie´s foi esceario recente dunha subhasta na que se vendían tres pezas pertencentes aos herdeiros. Tres lotes de xoiería antiga que a firma de poxas citaba como de propiedade “dunha importante familia española”, sen mencionar aos Franco. Vendéronse dúas, por un importe conxunto de case que 160.000 euros, moi por baixo das expectativas xeradas.

Os netos de Franco, segundo unha información de Cinco Días, acumulaban a principios deste  verán un patrimonio de 102 millóns de euros e máis de 400 propiedades, varias delas “saqueadas ao Estado”, entre as que se atopan un palacio, perto de 90 vivendas, case que tres centos de prazas de garaxe, unha trintena de fincas e varios locais.

Ninguén, que se saiba, coñece a procedencia desta fortuna.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.