A Feiriña de Outes quece motores con máis 60 postos confirmados

12 Agosto 2024

Este sábado 17 de agosto temos unha cita en Outes co comercio de proximidade e cos produtos da nosa terra: a nova edición de A Feiriña. Para ir convocando a meirande cantidade de visitantes, o Concello está a publicar estes días nas redes sociais unha serie audiovisuais breves nos que as persoas participantes explican no que consiste esta cita. Tamén detallan os produtos que imos atopar, principalmente de de gastronomía, de produtos locais e artesanía, aínda que tamén de cultura (libros), téxtil, maquinaria agrícola, coidados e saúde ou hostalería. O Concello explicou os días pasados que a previsión é a de xuntar a cifra de 60 postos.

A Feiriña celebrarase en horario de 11.00 a 21.00 horas na rúa da Capela. O programa, ademais da actividade comercial e divulgativa dos postos, inclúe concertos, exposicións e animación infantil. Tamén haberá servizo de polbeira e hostalaría.

A Feiriña vén da man do Concello de Outes e encádrase no seu obxectivo de dinamizar a economía local poñendo o foco no comercio de proximidade e coa intención de fomentar o produto local. “Nesta edición bateremos o récord de participación con máis de 60 postos á disposición do consumidor”, explicaron dende a organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.